top of page
Anchor 3

Vive  Gastronomía

Viveiro distínguese pola calidade dos seus establecementos turísticos  e, sobre todo dos seus restaurantes, mesóns e locais de tapeo. 

Viveiro é un municipio que tanto os visitantes, como os turistas escollen como un lugar ideal para gozar da gastronomía do Cantábrico, descansar e coñecer Mariña lucense, a Galicia Cantábrica.


A calidade dos produtos do noso mar e da nosa ría proporciónanlle ó viaxeiro a posibilidade de gozar dunha variedade de pratos nos máis de sesenta establecementos.

 

Viveiro distínguese pola cantidade e calidade de mariscos (nécoras, percebes, camaróns, ameixas, berberechos ou centola) e pescados (robaliza, peixe sapo, linguado, salmonete, parrochas, chicharro, sardiñas, bonito e pescada do pincho). Tamén son moi apreciados as luras, os chocos e o polbo que se capturan na nosa ría, ou as excelentes carnes de porco e tenreira, que acompañados de  verduras e hortalizas da nosa horta converten a Viveiro nun destino gastronómico de primiero nivel que aposta pola cociña tradicional pero tamén pola innovación dos tempos.

Suxerencias:

FIESTA-DE-LA-MERLUZA.jpg
NASEIRO.jpg

R. Gastronomía

Ruta polos establecementos de Viveiro.

Ruta polos máis dos 60 establecementos de Viveiro, nos que se poderá gozar da variedade gastronómica de Viveiro.

 

Oficina de Turismo de Viveiro.

oficinaturismo@viveiro.es

© 2016-2024 Copyright by Ayuntamiento de Viveiro
  • Twitter Viveiro Turismo
  • facebook Viveiro Turismo
  • Instagram Viveiro Turismo

Benvidos á Web Oficial de Turismo do Concello de Viveiro Punto de encontro entre viaxeiros e profesionais do turismo ou viaxes. Un escaparate excepcional para todo o relacionado co turismo e as viaxes en Viveiro.

Produced and created by ACTURISMO.

bottom of page