Vive o Comercio
En Viveiro pode un gozar das compras facendo turismo, paseando a pé polas súas rúas. Tes distintos lugares onde facelo. Nas diferentes zonas de Viveiro, en Covas, Celeiro… disporás dunha ampla variedade de alternativas para realizar as túas compras: nos comercios locais, no Centro Comercial Histórico de Viveiro, (que engloba a zona comercial do casco histórico de Viveiro, Lodeiro e Verxeles), en Covas, na Asociación Beiras de Viveiro, na Praza de Abastos, ou, en ocasiones puntuais, como o mercado semanal de froitas e verduras dos xoves ou o que se celebra os primeiros e terceiros domingos de mes durante todo o ano.
Mentres fas as túas compras, poderás coñecer os distintos lugares de Viveiro e apreciar o coidado e calidade dos distintos produtos que se ofrecen.